sábado, 4 de abril de 2009

Alba López Sánchez, guitarrista galega da un concerto en Ferrol

Alba López Sánchez , titulada superior en música e guitarra clásica, profesora e nova concertista, demostrou este venres tres de abril do dous mil nove, o seu talento ante o público no Ateneo Ferrolán . A moza realizou unha exposición introdutora das pezas de música clásica antes da súa interpretación, aportando datos dos autores e dos momentos de creación das obras, contribuíndo ao enriquecemento do concerto. Na súa execución interpretativa das obras foi excelente, creando un ambiente musical de matices e cores que fixeron que público se entusiasmase. Os reiterados aplausos ao finalizar o concerto deron como resultado que agasallase aos presentes cunha peza extra.
"Un talento precoz de la música que ayer dejó boquiabierto al público que la vio tocar en el
Ateneo Ferrolán (Beatriz Antón , la Voz de Galicia)"
Mais información:
La voz de Galicia
Ateneo Ferrolán

Biografía (súa axenda de concertos)

Biografía

Alba López Sánchez (Ferrol, 1981) finaliza grao medio Loxse no Conservatorio Oficial de Música de Ferrol en xuño de 2001 na especialidade de guitarra clásica, baixo a dirección de Iago Reigosa. En setembro do mesmo ano comeza os seus estudios de grao superior no COSMAC con Antonio Rocha e Rodolfo García remando en xuño de 2005. Prosegue o estudio de interpretación guitarrística co concertista Ramón Carnota e en 2007 trasládase ao Conservatorium van Amsterdam para estudar con Lex Einsedhart un máster en interpretación.

Perfecciona os seus estudos cos guitarristas Margarita Escarpa, Miguel Trápaga, Ana Jenaro, Gerardo Arriaga, Miguel Ángel Jiménez Arnaiz, Zoran Dukic, Carles Trepat, Alberto Ponce, David Russell, Alex Garrobé, Marco Socías e Ricardo Gallén, e cos compositores Jorge Cardoso e José Manuel Fernández.

Como solista participa na II, III e IV Mostra de Xoves Intérpretes de Vilagarcía de Arousa" (2003, 2004 e 2006) e no Concerto Homenaxe á premio nacional de poesía Julia Uceda en Ferrol, (novembro de 2003). En música de cámara destaca o dúo coa soprano Patricia Rodríguez Rico e o trío de guitarras Banora cos que ofreceu varios concertos en localidades coma Ferrol, Vilagarcía de Arousa ou Laracha, así coma concertos didácticos en institutos de educación secundaria. En maio de 2008 é invitada a tocar no Ateneu Tatarasi en Iasi, Romania e logo actúa en Amsterdam e no mes de xuño na Gallery Chief and Spirits na Haya.

Destaca tamén a súa participación no proxecto audiovisual "Mulheres na mitología" (concello de Fene, marzo de 2001) e no concerto "Mulheres a un tempo, tempo de mulheres" do concello de Ferrol en decembro de 2000.

En canto a outras músicas foi integrante do grupo de folk- fusión Sexfolia durante toda a súa traxectoria, formación coa que participa en máis de trinta festivais entre os anos 1999 e 2002. Logo pasa a formar parte de formación galaico-portuguesa A Quadrilha da Marola, coa que se sube aos escenarios nos anos 2003 e 2004.

No ámbito compositivo destaca a composición de Panxea para soprano, guitarra clásica, piano e percusión, encargada para o espectáculo multiartístico A fuxida do pensamento da Universidade de A Coruña, estreada en abril de 2004 no campus de Ferrol.

No hay comentarios: