viernes, 21 de septiembre de 2007

Imos aló

Parece que na nosa terra, hai que dicir que chove cando mexan por nós. E non me refiro con esto a ninguén en particular. Os problemas son moitos, e as solucións poucas, pero aínda é peor que os problemas medren máis que as solucións.

Para atallalos, non vale mirar para outro lado, ou facerse cómplice das propelías. Queixámonos de moitas cousas, pero en xeral responsabilizamos sempre aos mesmos, os políticos. Semella que perdemos a percepción do ben e do mal, xustificando a nosa parálise con a socorrida idea “eu solo non vou facer”.

Facenda é a nosa inimiga e estafadora, o prezo do noso piso incrementase polo custe do IVA, he ,he, perdoen a risa, de repente nos temos esquecido dos 12.000 ou 20.000 euros que lle dimos ao constructor e que non constan en ningún sitio, ese diñeiro negro polo que nos si pagamos a facenda polo IRPF, e que o pobre (rico) constructor (rouba) defrauda a todos, uns miserables 1000 ou 3000 eurillos.

Claro que nos conformamos, faltaría mais, cando existen, xuíces, avogados, notarios, fiscais, sindicalistas, policía, políticos, etc., esas encomiables profesións de defensa da honestidade, que miran para outro lado. En fin valor, algún día cambiará, non creen?.