sábado, 7 de febrero de 2009

Señor Presidente Fraga, Don Manuel, por Dios faga algo!!!

ETA entra en campaña electoral en Galiza, da man do PP.

En política a inocencia non é tal.
Para o PP segundo afirman dentro dunha asociación, e difunden nas ondas hertzianas os asalariados dos Bispos da Santa Iglesia Católica de España, os galegos que falan, escriben, o seu idioma o galego seica somos de proETA.
Semella que o PP desexa que ETA faga algunha das súas para apoiar a súas razóns e de paso votarlles unha maniña nas eleccións ao parlamento da “región gallega”.
Por mais que miro ao espello non me vexo como me ve o PP, un proetarra, nin sacando a lingua de fora., igual se cadra e que miro cos meus ollos galegos.
Pídolle a parenta que me vote unha ollada e dime que estou despeiteado, pero polo demais normal.
Coa veciñanza lévome ben, saudámonos cando coincidimos, é falamos, non reparamos moito se o facemos en galego ou en castelán.
Os meus veciños falan mais ben galego, a min parécenme estupendos, non lles encontro nada coa ETA, un deles é militar, outro usa boina.
Seica estes do PP van a dicir polas rúas detrás dunha pancarta, como fondo de foto , micro radiofónico e Tv popular, o mal que os tratamos os galegos e protestar porque falamos, escoitamos, lemos, a lingua de Galiza (galego), vivimos e somos galegos.
Seica estes Pperos solicitan o noso exterminio. Dende logo están tolos estes Pperos.
(So falta que ETA, lles dea o seu apoio electoral .)
Señor Presidente Fraga, Don Manuel, por Dios faga algo!!!

No hay comentarios: